lunes, 10 de noviembre de 2008

Catro horas en Santiago (de acá)

Catro horas en Santiago déronnos tempo a descubrir unha serie de cousas sobre o país:

1. Que Santiago é tan feo como diciades algúns (segundo nos contou despois un curmán lexano de Quillo, os propios santiaguinos chámanlle Santi-asco).
2. Que os chilenos son en xeral amabilísimos, como xa nos demostraran os amábeis señores/as da compañía aérea LAN, á parte dun intento de asasinato frustrado pola súa parte, xa que non nos deron de almorzar até as 11:30 da mañá! (hora española)
3. Que a exhibición do catolicismo é completamente diferente nos dous países.
4. Que a publicidade electoral chilena pode parecerse moito a un anuncio de telenovelas.