lunes, 10 de noviembre de 2008

Catro horas en Santiago (de acá)

Catro horas en Santiago déronnos tempo a descubrir unha serie de cousas sobre o país:

1. Que Santiago é tan feo como diciades algúns (segundo nos contou despois un curmán lexano de Quillo, os propios santiaguinos chámanlle Santi-asco).
2. Que os chilenos son en xeral amabilísimos, como xa nos demostraran os amábeis señores/as da compañía aérea LAN, á parte dun intento de asasinato frustrado pola súa parte, xa que non nos deron de almorzar até as 11:30 da mañá! (hora española)
3. Que a exhibición do catolicismo é completamente diferente nos dous países.
4. Que a publicidade electoral chilena pode parecerse moito a un anuncio de telenovelas.

lunes, 27 de octubre de 2008

A viaxe


Hoxe é domingo e chove en Pascua, transcorrida máis dunha semana de viaxe consideramos que vai sendo hora de comezar co blog. Unha vez que o perigoso conductor zombi (gracias David!) nos deixou no aeroporto comezou o lento calvario que nos levaría ata o deserto de Atacama (25 horitas de nada).

Como xa lle comentamos a Pili ao chegar a Madrid vimos que os nosos asentos estaban moi separados (como a 7 filas un do outro). Tras un típico ataque pataleta, e intento de morder a una señorita de Iberia, enviáronnos onde os simpáticos señores de Lan, que nos puxeron en filas correlativas, un detrás do outro, e comentaron que era moi doado que alguén nos cambiase dentro do avión. Pero ao embarcar nos atopamos con que directamente cambiaban os nosos billetes por outros situados un xunto ao outro, e colocados na saída de emerxencia!!!!. Non sabemos como pero ao parecer trátase dun Milagro de Santa Pili de Todas as Viaxes que esperamos ansiosamente que nos explique ao chegar, porque exactamente o mesmo nos pasou no voo a Pascua. Grazas! Grazas! santa patroa das viaxes transatlánticas pola túa intersección e garda.

Finalmente aproveitamos as 4 horas de espera no aeroporto de Santiago de Acá para coller un bus e baixar ata o centro da cidade. Como somos así de listos esquecemos o telefono de Andrés, e tivemos que deixar a bolsa cos regaliños na consigna. Aquí están todos paranoicos co tema das importacións non controladas de comida e por un momento pensamos que nos quitaban as pipas e a nocilla. De feito, ao pasar polo control Iñaki comentoulle ao garda que na bolsa non tiña nada, só uns caramelos e o tipo preguntoulle si os declarara, rapidamente dixemos que si, ¡¡¡¡antes mortos que sen a bolsa de Merce!!!!!